Bernardo García: "Os Acordos do Pleno sobre a canceira vanse cumplir"
O Concelleiro do Bng solicitou da Secretaría Municipal do Concello do Carballiño un informe no que "se me aclare de que maneira se pode convocar a comisión de investigación sobre a canceira, se o Alcalde non o fai". Bernardo García asegurou que contaba xa con informes que validan xuridicamente esta posibilidade, que espera sexa confirmada pola Secretaría do Concello. O Concelleiro nacionalista lamentou esta falta de "talante democrático" do Alcalde do Carballiño e advertíu que o seu grupo non vai permitir que non se cumplan os acordos que adopta o Pleno da Corporación Municipal, porque "os acordos en democracia están para cumplirse" e "non imos permitir por maís tempo unha dictadura en minoría como a que estamos vivindo no Concello do Carballiño".
O acordo de constituír unha comisión de investigación sobre a canceira foi adoptado por unanimidade dos tres grupos políticos no último pleno que celebrou a Corporación Muncipal, que ademáis fixaba a súa convocatoria para o día segunte ó da sesión plenaria. Sen embargo, o Alcalde, Carlos Montes non a convocou alegando motivos de axenda. O Obxetivo desta comisión, integrada por representantes das tres formacións políticas, sería investigar e aclarar os feitos ocurridos na canceira da Medela, despois de varias irrregularidades no seu funcionamento denunciada por grupos ecoloxistas, e tamén despois de saberse dun informe oficial do Seprona que certificou a desaparición de perto de cen cans desta intalacións municipais. Entre as irrregularidades que sairon daquela á luz pública tamén se apuntou a existencia dun foso dentro das propias intalacións da canceira, onde estarían entrerrandose os cans mortos, vulnerando a normativa vixente nesta materia.