Bernardo García insta ao alcade "para que retire de inmediato a licitación da recadación" e advirte que se non o fai "pedirá a súa demisión"
Alternativa Veciñal-En marea entende que "o alcalde do Carballiño rompe unilateralmente o acordo para a aprobación do orzamentos", tras publicarse a licitación para a adxudicación do servizo de recadación para os próximos anos.
Bernardo Garcia considera intolerable que o goberno municipal dea continuidade con este procedemento á xestión privada da recadación "a licitación suponlle ao concello un gasto para os dous primeiros anos de 1.060.000 euros", subliñou.
Ademáis, recorda García que se "incumple o acordo olenario de 2015 que o mesmo alclade votou favorablemente para remunicipalizar o servizo de recadación".
Tamén anuncio o concelleiro de AV que "de non retirar inmediatamente a licitación, presenará unha proposta plenaria para reducir á metade o salario de alcalde, xefe de personal e concellal de cultura, ademáis de pedier a demisión do alcalde".
Dende esta mesma formación política, Manuel Nogueira, entende que o concello do Carballiño está vulnerando a lei "xa que se aproba a licitación dun servizo municipal na Xunta de Goberno, cando debía facerse no pleno da corporación", asegurou.
Para ver o comunicado de Alternativa Veciñal-En Marea prema no arquivo adxunto: