BNG e PSOE mobilizaránse contra a perda dun médico no centro de saúde de Cea
Asi o anunciou nesta emisora de radio o Concelleiro Socialista Guillermo Dopazo, que ademáis espera contar "coa sensibilidade do alcalde Valladares" para que o concello de San Cristovo de Cea esixa que se manteña esta praza de médico.
Ata o de agora o centro de saúde ceano contaba con trés médicos, tras a reestructuración anunciada pola Xerencia de Xestión Integrada do Sergas o servizo quedará atendido por dous médicos, dous enfermeiros, ademáis dos servizos de pediatría e odontoloxía "polo que o servizo quedará debidamente cuberto" e dentro da ratio considerada óptima que se sitúa nun médico por cada 1.200/1.500 usuarios. Na actualidade o centro de saúde de Cea atende a 2.991 usuarios, según os datos do Sergas.
O concelleiro socialista anunciou que vai presentar conxuntamente coa concelleira do BNG un escrito no que demandará do grupo de goberno do Partido Popular un acordo institucional para esixir que se manteñan os médicos no centro de saúde de Cea "porque perder un médico é un paso atrás na atención sanitaria", manifestou Dopazo.