Boa tarde de fútbol en Espiñedo e reparto de puntos entre Arenteiro e Real Sociedad B, 1-1. Aquí tes o video-resumen do partido.

31, Marzo 2024

Outra boa tarde de fútbol en Espiñedo no que ambos equipos buscaron a victoria, ambos gozaron de boas ocasións, nun partido no que se adiantaron os donostiarrras cun gol que chega no minuto 38 precidido dunha xogada na que se reclamou fora de xogo, que parecía moi claro, mentres no inicio da segunda parte Iván Ramos asinou o empate cun gran gol.

Foi un partido xogado de poder a poder con dominio alterno e ocasions de gol en ambas áreas, e con intervencións de mérito dos dous gardametas, sobre todo o local Diego García, que sacou dúas mans que evitaron o gol dos vascos. A máis clara do Arenteiro para o 2-1 tivoa Manín que por centímetros non chegou a rematar un balón servido por Álvaro Ramón que se paseou por diante da portería da Real Sociedad. Antes, o gardameta donostiarra xa evitara cunha enorme man o gol do Arenteiro tras un gran chut de Germán Nóvoa que se colaba pola escadra.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=1S-k8m8Xdzk&ab_channel=RealFederaci%C3%B...