Boborás estrea piscinas públicas, tras unha inversión de 650.000 euros aportados por Xunta e Deputación. A entrada será gratuíta durante o mes de xullo.
Desde o mediodida deste dia 1 de xullo están abertas as novas piscinas públicas promovidas polo concello de Boborás, tras unha inversión de 650.000 euros. A Xunta aportou o 70% da finaciación e a Deputación o 30% restante.
A piscina conta con dous vasos, un para adultos e outro infantil. Unha zona de 2.600 m2 tratatada para non esvarar, e acondicionado con céspede natural.
Unha edificación con tres volumes para bar-cafetería, vestiarios e enfermeiría, e zona de almacén. As instalacións contan cun peche perimetral, nunha zona toda ela urbanizada.
O horario de funcionamento diario durante a época estival será 12:00 a 20:00 horas, e a entrada será gratuíta durante todo o mes de xullo no que andamos.