Boborás, único concello da provincia que retrocede a nivel 2 de restricións a partir do próximo venres. Punxín pasa a nivel 3.

2, Marzo 2021

Finalmente confírmase o que viñemos avanzando dende esta emisora de radio, o empeoramento da incidencia acumulada (IA) de novos positivos nos últimos dias no concello de Boborás leva a este concello a retroceder ao nivel 2 de restricións, o nivel intermedio entre o nivel 3 - o máis flexible- no que estaba dende a pasada semana e o nivel 1, o de restricións máis duras.

Asi o decidíu na reunión semanal o comité clínico que agora asumirá a Xunta para que as novas medidas para Boborás sexan efectivas a partir das 00:00 horas deste próximo venres dia 5 de Marzo. Desta maneira, Boborás será o único concello da provincia que estará en nivel 2, xa que todos os demáis -sen excepción- estarán no nivel 3, incluidos os que se manteñen aínda en nivel 2, como é o caso dos concellos de Punxín e Beade.

Boborás empeorou hoxe os datos da incidencia acumulada tanto a 14 dias (+ de 250 casos por 100.000 habitantes) como a 7 dias (+ de 125 casos por 100.000 habitantes) e rexistra 7 contaxios activos. 

O cámbio do nivel 3 ao nivel 2 de restricións a partir do próximo venres, e como mínimo unha semana, siñificará o peche perimetral do concello, con mobilidade restrinxida, sen poder sair ou entrar no municipio non sendo con causa xustificada. Ademáis, a hostelería non poderá atender no interior dos establecementos, tan so poderán facélo en terraza.