Bombeiros, persoal do concello de Piñor e veciños liberan decenas de porcos atrapados baixo os cascallos, ao derrubarse unha granxa en Cotelas
O feito sucedeu no lugar de Cotelas, na parroquia da Canda, ás seis da tarde deste domingo 30 de Maio. A esa hora, un particular contactou co 112 Galicia para solicitar axuda debido ao afundimento de parte da estructura dunha granxa. A persoa afirmaba que a nave albergaba arredor de 200 porcos, que se atopaban soltos pola estrada e baixo os restos da edificación.
De cotío, desde o 112 mobilizouse aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil, aos servizos sanitarios e aos membros de Protección Civil de Piñor. Unha vez chegados ao lugar do suceso, os medios desprazados confirmaron que o tellado e as paredes da granxa estaban derrubadas pero que non había persoas feridas. O Seprona abríu unha investigación para aclarar as causas do sinistro, no que preto de medio cento de animáis resultaron mortos.
Logo de horas de traballo conxunto dos Bombeiros, persoal do concello e o apoio da veciñanza, lográronse rescatar varios animais para trasladalos nun camión, dándose a situación por controlada.