Bronco pleno municipal en Boborás, que remata con presenza da Garda Civil e a expulsión do Concelleiro Lito González Trigás
A Garda Civil tivo que acudir atá a casa do Concello de Boborás, onde estaba a celebrarse un pleno da Corporación Municipal, tras solicitar a súa presenza o Alcalde Cipriano Caamaño. Os ánimos comezaron a caldearse xa nada máis iniciada a sesión, con diversas correccións ás actas das sesións anteriores por parte dos grupos da oposición, e subiron de tono cando se fixo referencia ás obras de construcción dunha area recreativa na paroquia de Cardelle, que xa fora motivo de polémica durante a pasada campaña electoral entre o Alcalde e a candidata e agora portavoz de "Move Boborás", Eva Pardo.
Xa en pleno debate sobre a inversión económica feita en relación a esta obra en Cardelle, que estaba explicando o Alcalde, o Concelleiro de "Move Boborás" Lito González Trigás recriminou ao Alcalde a súa actuación na campaña electoral e retouno a "que dixera agora o que dixo daquéla, o que foi decindo de Eva por Cardelle". Tras varias chamadas á orde por parte do Alcalde, éste ordenou a expulsión do Concelleiro de "Move Boborás", que inicialmente se negou a abandonar o salón de plenos, aínda que posteriormente sí o fixo e cando a Garda Civil chegou á casa do Concello, González Trigás xa abandonara voluntariamente a sesión plenaria.