BTT en Familia para a tarde deste sábado, un paseo en bicicleta de 10 Km. pola contorna do Carballiño
Trátase da 5ª edición da BTT en familia, que organiza con carácter anual o Club Ciclista do Carballiño, unha proposta para a tarde deste sábado dia 21 a partir das 4 da tarde, con saída e chegada no parque muniicpal do Carballiño.
Roberto "Peque" o presidente do club ciclista organizador, que estivo acompañado no acto de presentación desta actividade na casa do concello pola concelleira de deportes, Silvia Baranda, recordou que "é un paseo en bicicleta, que non ten carácter competivo, de dificultade baixa e que terá unha duración, sempre en pelotón, dunhos 10 quilómetros de distancia".
A participación está aberta a todos os ciclistas a partir dos 7anos en adiante e o percorrido será pola contorna do Carballiño, polo propio parque municipal, o camiño vello de Mesego, camiño dos arrieiros e a zona de Pena Cobertoira, na parroquia de Sagra.