Búscase inquilino para o "Muiño das Lousas", o concello alúgao para a súa explotación hostaleira por 404 euros ao ano
As instalacións levan varios anos abandoadas e, según o informe feito polo concello, preciráse unha inversión de 13.000 euros para poder vovler reabrílas en condicións para prestar servizos de restauración.
As bases de adxudicación desta concesión administrativa do concello carballiñés serán aprobadas no pleno da corporación municipal que está convocado para a próxima semana, e fixan un canon anual a pagar polo concesionario de 404 euros por ano.
Nas bases que regularán o concurso público tamén se recolle o compromiso do titular da concesión, que deberá manter abertas as instalacións como mínimo durante o verán, alomenos tres meses ao ano, o contrato faráse por un periodo de 10 anos.