Cadavid condona unha parte importante da débeda e facilita a continuidade de C.D. Arenteiro
O club carballiñés ten asi garantida a súa continuidade como institución, tras a celebración dunha asamblea extraordinaria celebrada no salón de actos da casa do concello e a que asistiron 32 socios.
No transcurso da mesma Cadavid entregou o relevo na presidencia do club a Xan Pinal, que adquiríu o compromiso ante os socios de convocar unha nova asamblea extraordinaria nun prazo apróximado de 20 dias, na que presentará o seu equipo directivo e o proxecto social e deportivo, unha vez que se resolva tamén a incognita de saber en que categoria competirá a próxima tempada o club, na preferente ou en autónimica.
Cadavid deu conta das negociacións que culminaron unhas horas antes da asamblea, e que permiten entregar o relevo a un novo equipo directivo. O xa Expresidente condonou unha parte importante da débeda, que ascendia a 55.000 euros. Cadavid S.L. e Construcciones Balgón publicitaránse nas camisetas do equipo durante as próximas tempadas, é a única condición que puxeron para condonar 31.000 euros desa débeda. Desta maneira, a nova directiva asume unha débeda de 24.000 euros que deberán abonar durante o seu mandato.