Cambio Intelixente non concurrirá ás próximas eleccións municipais do 26-M
Asi o anunciou nunha intervención en COPE O Carballiño o portavoz desta formación política de ámbito local no concello de Punxín.
Joaquín Moldes anunciou á audiencia desta emisora de radio que "a decisión é firme, decidimos non presentarnos a estas elecciós, porque entendemos que é o momento de deixar paso a outras persoas".
O líder de "Cámbio Intelixente", que acadou dous concelleiros nas eleccións de 2015, considera que "o mesmo paso deberían facer moitas persoas que levan anos e anos na política local, non falta falta máis que ver as fotos de boa parte das candidaturas das Comarcas do Carballiño-O Ribeiro que mesmo parecen fotos de excursións do Inserso, hai que deixar paso a xente nova"
Moldes defendeu o traballo feito durante todo o mandato municipal no concello de Punxín "somos unha oposición peculiar, xa que ademáis de fiscalizar ao goberno sempre tratamos de traer recursos para Punxín de outras administracións, buscando o mellor para os nosos veciños e veciñas".