Cameixa e As Neves de Grixoa, próximas actuacións da orquestra Panorama na comarca do Carballiño para este verán
A orquestra galega Panorama, para moitos a mellor orquestra de España ten confirmadas datas para este verán na comarca do Carballiño, en concreto nas parroquias de Cameixa e As Neves de Grixoa.
O novo espectáculo da Panorama chegará a comarca o martes dia 2 de xullo, e será nas festas da Virxen do Rosario na parroquia de Cameixa, no concello de Boborás.
Xa no mes de agosto, o martes dia 6, a orquestra Panorama forma parte do programa festivo na parroquia das Neves de Grixoa, no concello de San Amaro.