A campaña "As compras na túa vila teñen premio" promociona o comercio tradicional

13, Maio 2013

.A iniciativa premiará con 2.000 euros a confianza no comercio retallista carballiñés, sorteándose tres tarxetas regalo de 200 euros e 14 tarxetas regalo de 100 euros.

 Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Carballiño poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Maior ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 24 de maio, nunha carpa ubicada na Praza do Emigrante (pista roxa), dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores

 A campaña será publicitada nos establecementos de Carballiño, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

 A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, e a Dirección Xeral de Comercio. Trátase da sexta edición desta campaña, que ata o mes de setembro desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Carballiño, contando para elo coa colaboración da Asociación de Empresarios de Carballiño - CCA, que preside Julián Garriga. 

O Presidente do CCA do Carballiño,  Julián  Garriga Crespo, presentou está mañá a campaña, acompañado de José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; Aurelio Gómez, presidente da Federación de Comercio de Ourense; e do alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes.