A campaña "vive no Carballiño" consigue vender 140 pisos
De completo éxito, asi foi calificado tanto polos responsables municipais como polos representantes das inmobiliarias e promotoras, o resultado da campaña "Vive O Carballiño, vive no Carballiño", que se desenvolveu o ano pasado e que conseguíu vender un total de 140 pisos, ainda que dos seus compradores, 37 quedaronse fora do sorteo de 6.000 euros, o non poder escriturar as súas propiedades antes da celebración do citado sorteo, do que resultou premiado Juan Carlos Rodríguez González. Os números dados a coñecer polos promotores da campaña veñen, ademáis, de ser corraborados polo Ministerio da Vivenda, xa que según os datos relativos as transacións de vivendas no municipio do Carballiño durante os primeiros nove meses de 2010, o número total ascendeu a 201, aínda que nesta cifra tamèn se recollen as transacións das vivendas de segunda man. Este dato representa un 63,61 % de aumento en relación ó mesmo periodo de 2009. Antonio Nogueira e Diego Bernárdez, en representación das 15 inmobiliarias e constructoras participantes nesta campaña promocional, manifestaron a satisfación tanto polas vendas acadadas como pola unión acadada no sector "o que nos anima a futuras iniciativas". Na actualidade, unhos 500 esperan aínda comprador na vila do Carballiño.