Cancelada a Festa dos Maiores debido ás altas temperaturas, celebraráse o xoves dia 15 de Setembro
A Xunta comunicou esta mañá a cancelación da Xuntanza de Maiores que dende fai 42 anos vense celebrando no parque municipal do Carballiño, e que estaba programada para este sábado dia 16 de xullo.
A organización estaba pendiente da evolución meteorolóxica marcada pola vaga de calor desta semana, e finalmente as autoridades sanitarias aconsellaron adiar este evento, no que cada ano concéntranse no parque municipal carballiñés miles de persoas chegadas de toda a xeografía galega.
A nova data fixada pola Xunta para a súa celebración é a do xoves dia 15 de setembro, coincidirá polo tanto, coas festas patronais do Carballiño.