A Candidatura Veciñal busca alcaldable nunhas primarias nas que poden votar todas as persoas maiores de 16 anos
O proceso de primarias desenvolveráse este sábado dia 14 de Marzo na casa da cultura do Carballiño en horario de 18 a 21 horas. Calquera persoa maior de 16 anos censada no municipio carballiñés poderá votar nestas primarias, presentado o seu DNI.
Os electores elixirán cinco mulleres e cinco homes, sinalando a orden de preferencia, entre unha relación de aspirantes a formar parte desta candidatura que competirá con PP, PSOE, e BNG nas eleccións municipais do vindeiro 24 de Maio.
A persoa con máis votos será o candidato ou candidata á alcadía do Carballiño desta candidatura veciñal, que se completará co resto dos aspirantes pola orden que determinará o número de apoios nesta votación de primarias.