As candidaturas para as eleccións ao Parlamento de Galicia incorporan a Pachi Vázquez, Manuel Nogueira e Argimiro Marnotes, como representación comarcal.
Pachi Vázquez volve á palestra electoral dunhas autonómicas, desta vez como nº 1 na candidatura do Espazo Común Galeguista, unha coalición electoral integrada por pequenos partidos nucleados ao redor da figura do político carballiñés, que nestas mesmas eleccións ao Parlamento de Galicia no ano 2013 chegara a selo candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia.
Tamén sorprendeu o Partido Popular na súa candidatura para estas eleccións autonómicas do próximo dia 18 de febreiro, xa que recuperou para a primeira liña política ao carballiñés Argimiro Marnotes, que levaba anos retirado da vida política activa e centrado nas súas responsabilidades como presidente do Club Deportivo Arenteiro. Figura no posto número 9 da candidatura popular.
No PSdeG-PSOE, trala defenestración da carballiñesa Marina Ortega, incluíu no número 2 da súa candidatura a un representante do Ribeiro, en concreto ao ribadaviense Ignacio Gómez.
A representación comarcal complétase coa presenza de Manuel Nogueira, como número 3 na candidatura provincial de Podemos Galicia.