Cantos falecementos por coronavirus notificáronse no teu concello? Consulta aquí o mapa municipal

7, Marzo 2021

No conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño rexistráronse un total de 20 falecementos por coronavirus dende que se declarou a pandemia e ata o pasado dia 28 de Febreiro, según os datos oficiais notificados por Sanidade.

Beariz é o concello onde máis mortes por coronavirus houbo, foron 7, vinculadas ao foco que afectou á residencia de maiores da localicade. O Carballiño suma 5 decesos e Boborás acumula 4. O Irixo tivo 2 mortes como consecuencia da Covid, e Cea e Piñor  rexistraron un falecemento, respectivamente. Tres municipios, Maside, San Amaro e Punxín non tiveron ningún falecido por coronavirus.

Leiro notifica 5 decesos, unha cifra que se explica polo foco declarado na residencia de maiores deste municipio ribeirán, e finalmente, Avión ten un caso de falecemento por coronavirus.