Cáritas Parroquial atendeu xa a 540 persoas de 15 nacionalidades distintas no que vai de ano
A ONG Cáritas Parroquial, adscrita á parroquia de San Cibrán do Carballiño, leva atendidas a un total de 540 persoas de 15 nacionalidades distintas no que vai deste ano 2021, según acredita o balance trimestral correspondente aos dous primeiros trimestres do ano, e o que vai transcurrido deste terceiro trimestre.
Asi o relatou en COPE O Carballiño Juan Estévez, un dos voluntarios que traballa en Cáritas Parroquial, unhas axudas que representaron un gasto neste periodo de tempo un total de 27.350,92 euros. Cáritas Parroquial atende cada semana os venres de 9:30 a 13:00 horas na súa sede do baixo da casa rectoral da parroquia, sita na rúa Evaristo Vaamonde do Carballiño.
O capítulo máis elevado de axudas é o que se corresponde co de alimentos, que suma 16.364,28 euros, seguido do relativo a axudas para aluguer de pisos, que representa un gasto de 7.460,00, o resto dos capítulos de gasto son os destinados a alimentos da infancia, viaxes, medicamentos, facturas gas, auga e eléctrica, comidas a transeuntes, e outros gastos loxísticos de funcionamento.
Juan Estévez explicou que os recursos obtéñense a través dos donativos que se reciben tanto a través de Cáritas Parroquial como da Sociedade San Vicente de Paul, asi como as aportacións públicas do concello do Carballiño e Deputación Provincial.