Carlos Herrera ficha pola CADENA COPE. Debutará o vindeiro 1 de Setembro.
A partir de setembro estará á fronte de "Herrera en COPE", de luns a venres, de 6.00 a 12.00 h. O xornalista pasa a formar parte do equipo de comunicadores do Grupo COPE ata 2018.
"Volvo a unha emisora que mo deu todo. Volvo comprometido coa información e o entretemento. Pensando no oínte. Estea onde estea. Escóiteme, véxame ou léame dende calquera soporte". Así resume a súa fichaxe quen será a partir do 1 de setembro o novo condutor das mañás de COPE. Carlos Herrera súmase ao equipo de comunicadores do Grupo para os próximos tres anos, ampliables. O locutor mellor valorado no medio radiofónico regresa 20 anos despois á que foi a súa antena con "Herrera en COPE", un matinal de luns a venres, de 6.00 a 12.00 h co que o Grupo se marca como obxectivo liderar a radio en España.
En opinión do Presidente e Conselleiro Delegado do Grupo COPE, Fernando Giménez Barriocanal, "a incorporación de Carlos Herrera forma parte dun conxunto de decisións estratéxicas que dende hai un tempo puxemos en marcha". Para Giménez Barriocanal, "esta fichaxe reforza os tres piares nos que se sustenta a oferta de radio moderna de COPE en todos as plataformas: ofrecer a mellor información, o mellor entretemento e os contidos deportivos máis actuais cos mellores comunicadores".
Durante a próxima tempada, Herrera inaugurará unha nova etapa na radio española e en COPE, con 6 horas diarias de antena, con novas voces, novas análises e novas miradas. Todo sen que se lle esquecen os millóns de fósforos que a diario o teñen como un referente.