Carlos Montes considera innecesaria unha auditoria e dí que a situación financiera do Concello é mellor da que recibiron os socialistas fai 16 anos
Montes amosouse sorprendido ante a posible contratación dunha auditoria por parte do próximo goberno municipal que presidirá Argimiro Marnotes "porque as contas son públicas e nunca se lle negaron ó Partido Popular". O Alcalde en Funcións do Carballiño asegurou ademáis que os socialistas deixarán un Concello moito mellor que cando o recibiron fai 16 anos xa que "cando o PSOE colleu o poder a carga financieira era do 18% e na actualidade é do 8,65 %, polo tanto rebaixámola en 10 puntos, e esto despois das obras e infraestructuras que se fixeron no Carballiño". Carlos Montes dixo non entender "esta desconfianza" por parte do Partido Popular porque "O Sr. Marnotes como xefe da oposición debía estar ó tanto das contas municipais, porque existen balances anuais, existen balances de contas, e están realizadas pola intervención do Concello, que veña agora decindo que desconfia das contas que son realizadas por unha técnica experta pois non me parece ben, pois considero que é unha traballadora con coñecementos múltiples". Finalmente, Montes calificou de "pura demagoxia" a actitude do Partido Popular ó entender que "unha vez que gañou as eleccións, a ver agora como lle explica á xente que non pode cumplir o seu programa elctoral, no que se comprometía a rebaixar o IBI, eso é total demagoxia", remarcou o aínda Alcalde Socialista do Carballiño.