"A Casa de Aspadisi" crea 32 prazas residenciais para a discapacidade. Xunta, Deputación, Concello e aportacións privadas sumaron 1,2 millóns de euros para facer realidade esta obra social.
A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, asistiu esta mañá á inauguración da nova residencia de Aspadisi no Carballiño, en cuxa construción o Goberno galego colaborou cunha axuda de máis de 600.000 euros. Durante o evento sinalou que a Xunta colabora co tecido social para levar a mellor atención ás persoas con discapacidade de toda Galicia.
Neste acto tamén participaron representantes doutras institución que tamén contribuiron a financiar este proxecto, que superou un orzamento de 1,2 millón de euros, como foron a Deputación Provincial representada pola deputada de Politicas Sociais Patricia Torres e o concello do Carballiño, cuxa representación encabezou o alcalde Francisco Fumega, ambas institucións achegaron 300.000 e 50.000 euros, respectivamente. A estas axudas hai que sumar as aportacions privadas, tanto de empresas como os donativos de veciños a título particular.
Este centro contará con 32 prazas de atención residencial que estarán operativas nesta mesma semana e que se completarán coa atención prestada no centro ocupacional desta entidade, con capacidade para 25 persoas. A Xunta colabora con Aspadisi no financiamento de prazas nestas instalacións e tamén lle acaba de conceder unha axuda para a adquisición dun vehículo adaptado que mellore a atención dos seus usuarios.