Catro farmacias do Carballiño e a maioria da comarca realizan gratis os test de saliva para detectar o coronavirus, para persoas entre os 12 e os 64 anos.
A maioria das farmacias da comarca súmanse á campaña da Consellería de Sanidade coa finalidade de contribuir a detectar positivos en coronavirus entre a poboación en xeral, neste caso a iniciativa vai dirixida na franxa de idade entre os 12 e os 64 anos de idade, que conten con tarxeta sanitaria do Sergas.
Na farmacia entregaráselle a cada persoas un Kit para levar ao seu domicilio, proporcionándolle a información de cómo debe realizar a proba e a súa posterior entrega na farmacia, que será a encargada de enviar o test ao laboratorio de microbioloxía. En caso de dar positivo, sería contactado por parte do Sergas, mentres que os negativos recibirán o resultado via SMS no seu teléfono móbil.
No caso do concello do Carballiño participan desta iniciativa catro das cinco farmacias existentes, en concreto realizan os test de saliva as farmacias de Mª Dolores Campos, Fontaíñas, Mönica Muradas e Jesús Fontaíñas. No resto de concellos do noso ámbito, están adheridas a esta campaña as farmacias dos concellos de Avión, Beariz, Boborás, Leiro, Maside, O Irixo, Piñor, San Amaro, Cea e Cenlle.