Catro mítins durante esta semana animan a campaña electoral no Carballiño
As principais candidaturas que concorren ás eleccións galegas celebran esta semana os seus actos electorais no Carballiño.
O primeiro deles, o do BNG, este martes dia 9 ás 20:30 horas no salón de actos da casa do concello, onde a concelleira carballiñesa Áurea Francisco exercerá de anfitriona nun mitin no que tamén tomarán a palabra Tareixa Paz, nº 1 por Ourense, e Marco Antonio Reboredo, candidato pola comarca.
O mércores dia 10 o turno será para os socialistas, ás 20:30 no auditorio do Carballiño, o portavoz municipal Paco Fumega e a nº 2 por Ourense, María Quintas, acompañarán ao candidato á presidencia da Xunta polo PSdG, Pachi Vázquez, no mitin central de campaña dos socialistas na comarca.
O Partido Popular celebrará o sábado dia 13 ás 14 horas unha comida-mitin con Feijóo, nunha carpa-restaurante que se instalará na explanada do balneario do Carballiño, ao lado do río Arenteiro. Para asistir a esta comida-mitin poderán adquirirse as tarxetas durante esta semana na sede local do Partido Popular.
E xa finalmente, tamén o sábado dia 13, ás 8 da tarde na casa da cultura do Carballiño, está programado o acto electoral da Alternativa Galega de Esquerda no que, entre outros, falarán o Alcalde de Teo, Martiño Noriega, e os candidatos pola provincia de Ourense.