CD Arenteiro 0 Mondariz CF 1

2, Novembro 2014

Os verdes prolongan a serie negativa de resultados dos útlimos partidos e suman unha nova derrota, desta vez en Espiñedo e ante un dos equipos cos que teóricamente vai competir na loita pola pernamencia como é o Mondaríz CF.

CD Arenteiro: Pachi, Escudero (Cote, m.70), Ocampo, Lois, Pana, Dafonte (Alex Santiago, m.78), V. Gallego, Sanginés, Dani Vázquez, Bardelás (Canexón, m. 75) e Gele (Quiroga, m.66).

Goles:

0-1. Minuto 11. Centro medido de Anxo dende a banda dereita e Nacho, de cabeza,  remata sen oposición.

O Partido: O Mondariz, cun fútbol bastante rudimentario, levouse os tres puntos grazas a súa gran efectividade ante a portería rival, tivo dúas ocasións e fixo un gol. O Arenteiro non soubo aproveitar as súas, e perdeu a oportunidade de polo menos salvar un punto. O equipo necesita mellorar algúns aspéctos, sobre todo na definición, para volver á senda das victorias.