CD Arenteiro 1-1 Portonovo SD
O partido tivo unha primeira parte de xogo moi discreto e sen apenas ocasións de gol por ambos equipos, aínda que o Arenteiro logrou adiantarse pouco antes do descanso cun gol de cabeza conseguido por Vitti.
A segunda parte xa foi outra historia. Salvo os minutos iniciais nos que o Portonovo gozou dunha boa ocasión que desbaratou cunha boa intervención o meta local Israel, logo sería o Arenteiro quen tería varias ocasións para sentenciar o partido. Por dúas veces Sanginés, que fallou na definición, e un balón que se foi o longueiro tras un cabezazo de Vitti.
Pero a xogada polémica da tarde aínda estaba por chegar cando, aínda co 1-0 no marcador, o árbitro vigués José Antonio Varela anula, a instancias do xuíz de liña, un gol a Vitti. Como pode apreciarse na fotografía, o dianteiro do Arenteiro cabecea en posición totalmente legal, pero cando os xogadores do Portonovo xa ían camiño do centro do campo, anulan o gol. Erro de bulto no trio arbitral vigués.
Logo empataría o Portonovo e xa no tempo de desconto, Martín Pérez tivo nas súas botas o gol da victoria, pero o seu tiro foi desviado por un defensor visitante.
Ambos equipos remataron o partido cun xogador expulsado, no Arenteiro Pana. Tamén ensinou cartón vermello ao adestrador local, Manel Vázquez e o preparador físico do Portonovo.
No CD Arenteiro xogaron: Israel, Vilachá, Dafonte, Victor Gallego, Pana, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Esteban e Iván Portos.