CD Arenteiro 2-3 Bergantiños CF

3, Febreiro 2019

O Arenteiro desperdiciou ante o segundo clasificado da categoria, o Bergantiños CF, a oportunidade de seguir sumando puntos despois dun partido igualado e no que os erros defensivos dos verdes propiciaron que o equipo de Carballo se levase un triunfo do campo da Regueiriña de Barbantes, que rexistrou un gran ambiente.

E outra vez máis, o Arenteiro volve encaixar gol nos primeiros compases do partido, apenas ían 7 minutos cando o Berganitños se aproveitou do primeiro desaxuste defensivo dos verdes.

Pero en apenas 8 minutos o Arenteiro foi quen de darlle a volta ao marcador, con dous golazos de Fajardo, o primeiro cun zapatazo que se colou como un misíl na portería do Bergantiños e o segundo ao executar unha falta, o balón acabou dentro da portería visitante tras dar no poste.

Cando parecía que o Arenteiro chegaría en ventaxa ao descanso, no último minuto desta primeira parte, empatou o Bergantiños.

Os de Carballo lograron o gol da victoria no minuto 75 dende os 11 metros, penalti transformado por Rubén Rivera.

Ademáis da derrota, o partido deixa outro xogador lesionado, Casio que tivo que abandonar o campo mancando nun xeonllo cando apenas ían desputados 15 minutos, e xa co tempo cumplido resultou expulsado Maxi, ao ver o segundo cartón amarelo. Outras dúas baixas seguras para o partido de Laracha.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...