C.D. Arenteiro 2 C.D. Pontellas 1
O Arenteiro conseguíu ante o C.D Pontellas 3 puntos transcendentais para seguir loitando pola permanencia na categoria, e ademáis fixoo merecidamente, remontando o temperán gol dos porriñeses que se adiantaban no minuto 4 de partido.
C.D. Arenteiro: Pachi, Prada (Bardelás), Xurxo, Carlos Escudero, Tazos, Dabarca, Gabriel (Tacón), Pablo Piñeiro, Martín (Kennedy), David Soares e Marcos Sotelo.
O Partido: O fútbol foi xusto neste partido co Arenteiro, dominando de principio a fin ao Pontellas, que tras adiantarse no marcador cando os equipos aínda se estaban asentando no campo, viuse superado polo empuxe dos verdes. Aos 20 minutos David Soares empataba o partido tras enganchar un bó tiro dende fora da área. Salvo unha segunda clara ocasión que erraron os do Porriño, o Arenteiro pudo irse xa o descanso con ventaxa no marcador se tivese un chisco de acerto para aprobeitar as varias ocasións de gol que tiveron ante a portería visitante. No segundo tempo o Arenteiro tivo múltiples ocasións para adiantarse no marcador, froito do dominio que exercia no xogo, non obstante tivo que esperar ao minuto 85 para que Pablo Dabarca marcase ao lanzamento dunha falta, axustando o balón ao poste da portería do Pontellas, que víu truncada en Espiñedo unha magnifica racha de resultados.