CD Arenteiro 2 Portonovo SD 4

19, Outubro 2014

O Portonovo, oito victorias en oito partidos, é máis líder despois do seu paso por Espiñedo, que volveu presentar unha magnífica entrada nun partido de preferente, con máis de 600 afeccionados nas gradas. O Arenteiro foi desta vez víctima dos seus erros defensivos, dos que se aproveitou un Portonovo que encaixou en Espiñedo 2 goles, tantos como nos sete partidos anteriores. Pero marcou catro ao seu favor, os catro obra do seu goleador Hugo Soto, tres deles en fallos defensivos dos verdes.

C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Ocampo (Escudero, m.79), Lois ( Expulsado por doble amarela no m. 85), Pana, Dani Arbo, Dafonte, Sanginés, Victor Gallego, Dani Vázquez (Gele, m. 64), Manu (Alex Santiago, m. 71) e D. Quiroga (Bardelás, m. 64).

Goles:

0-1. Minuto 10. Perde o balón o Arenteiro no seu campo, Nacho habilita para Hugo Soto, e éste en perfecta vaselina adianta ao Portonovo.

0-2.Minuto 16. Novo despiste defensivo dos verdes, Gándara envia un balón sobre a portería carballiñesa e Hugo Soto so ten que empurrar.

1-2.Minuto 59. Córner que saca D. Quiroga e Ocampo de cabeza recurta distancias.

1-3. Minuto 62. Outro regalo para o Portonovo, desta vez o meta Marcos Nieto mide mal o bote do balón na súa saída e Hugo Soto marca a placer.

2-3.Minuto 69. Gele remata na área pequena un gran centro de Sanginés.

2-4.Minuto 88. Outra vez Hugo Soto, agora de falta directa, colando o balón por toda a escadra.

O Partido: O esforzo e actitude dos xogadores verdes non tiveron recompensa por culpa dos desacertos en defensa, que soubo aproveitar moi ben o Portonovo, un equipo con moito oficio, para levarse os tres puntos de Espiñedo. Aínda xogando co marcador en contra dende o minuto 10, en ningún momento o Arenteiro lle perdeu a cara o partido, e so os fallos en defensa condicionaron o resultado final.