C.D. Arenteiro 5 Monterrei C.F. 1
O C.D. Arenteiro sigue lanzado na recta final da primeira volta do campionato de liga na 1ª auotonómica, desta vez os verdes fraguaron a victoria ante o Monterrei nunha intensa primeira media hora de partido na que o equipo carballiñés foi un autentico vendaval de xogo ante a portería visitante.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dabarca, Oscar, Alex, Bardelás ( Canexón, m. 61 ), Victor Gallego ( Alex Santiago), m. 69, Diego Quiroga ( M. Sotelo) , Walter Martín ( Manu ) e Prada.
Goles:
1-0: Minuto 10: Corner que saca Quiroga e acrobático remate de Walter Martín.
2-0: minuto 13. Pase en profundidade de Quiroga sobre Prada, tapa o porteiro pero o rexeite é aproveitado polo propio Prada para marcar dende 30 metros cun chut suave e colocado.
3-0. Minuto 28: Golazo de Quiroga, que aproveita un gran centro de Prada para, tal como viña o balón, golpealo á escuadra.
3-1. Minuto 47. Regalo da defensa verde e Seoane marca a placer.
4-1. Minuto 77. Corner que saca Marcos Sotelo e Manu, de cabeza, fai o cuarto da tarde.
5-1. Minuto 90. Outro golazo de Manu tras un gran pase de Alex.
O Partido: Saíu o Arenteiro decido a resolver o partido pola vía rápida, exercendo unha abafante presión que apenas deixaba tocar o balón aos xogadores do Monterrei, con varias ocasións durante o primeiro periodo para irse ao descanso cun marcador aínda máis favorable. Xa con 3-0 a favor dos carballiñeses no minuto 35, o porteiro visitante Siero -o mellor do seu equipo ata que foi expulsado- detivo un penalti lanzado por Dabarca. Na segunda parte, os carballiñeses non sairon coa mesma intensidade, ainda que o partido quedaba practicamente visto para sentencia no minuto 65 pola expulsión do meta visitante, que tocou o balón coa man fora da área cortando unha manifesta ocasión de gol para Iago Canexón.