C.D. Arenteiro: sen directiva e cunha débeda de 55.000 euros
O Presidente José Antonio "Cadavid" e o seu grupo directivo presentaron a dimisión irrevocable ante a asamblea de socios, anunciando que o Club ten unha débeda actúal de 55.000 euros "que se lle deben a este Presidente, o Club non debe a ninguén", asegurou.
Ante un grupo de 17 socios que acudiron a esta convocatoria, Cadavid anunciou que a súa decisión non ten marcha atrás "porque neste momento non podo dedicarlle o tempo que este Club necesita, ademáis, teño que decilo, estou bastante decepcionado, con esta casa -referíase ao concello, onde se celebrou a reunión-, e incluso con exxogadores do Arenteiro cos que me encontrei e non foron capaces de coller o carné de socio".
Cadavid presentou un balance da súa xestión recordando que "collín o Club a mediados da tempada 2010-2011 empuxado por unhos amigos cunha débeda de 46.000 euros, pero despois foron aparecendo outras débedas anteriores a miña chegada ás que eu fixen frente que elevaron a débeda total a 68.000 euros, na tempada 2011-2012 rebaixamola a 54.000 euros". O Presidente explicou que en 2012 perdeuse a subvención do concello -9.000 euros- "porque entregamos os papeles seis dias fora de plazo, por culpa do retraso da documentación que necesitabamos da Federación e da Axencia Tributaria, e cando entregamos todo contestousenos que xa era tarde, se quixeran arreglar podían facélo, pero non quixeron", suliñou.
Na última tempada o orzamento en Prefrente foi de 76.000 euros de gastos e os ingresos de 66.450 euros, según o balance económico presentado ante os socios, que aprobaron as contas. O número de socios que esta tempada pagaron 80 euros do carné foron 117, aos que hai que sumar os que se repartiron publicidade, en total o Presidente cifrou en 251 os carnés repartidos, precisamente os ingresos por publicidade é aportacións -35.000 euros- representou mmáis da metade dos ingresos.
O Presidente comprometeuse a condonar 10.000 euros da actúal debeda e aplazar o pago da débeda en varias anualidades "a próxima directiva terá toda a miña colaboración", remarcou.
Finalmente, e ante este desolador panorama que amenza a viabilidade do Club, o Presidente convocou unha nova Asamblea para a posible presentación de candidatos para o xoves dia 13 de xuño ás 8 da tarde no salón de actos da casa do concello do Carballiño.