C.D. Arenteiro: Victoria ante o Barbadás-B, campión de liga e ascenso á preferente
Un ano despois os carballiñeses regresan á preferente pola porta grande, tras proclamarse campións da 1ª autonómica. Fixeróno tras impoñerser no derradeiro partido de liga xogado ante o Barbadás-B no campo municipal de Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada, con máis de 700 persoas no graderio nunha tarde de calor, o partido xogouse cunha temperatura de 30 graos.
Tres goles na primeira parte certificaron o ascenso do Arenteiro, que desde o minuto ún de paritdo amosouse moi superior ao seu rival, que apenas aguantou o arreón do Arenteiro nos minutos inicias. Inaugurou o marcador o capitán Takón ao cabecear impecablemente un balón medido que lle enviou Kennedy. O segundo gol chegou por medio dunha xenialidade de Cancelas dentro da área, tras dous sutíles regates o dianteiro carballiñés cruzou o balón inalcanzable para o gardameta visitante. Un chisco antes do descanso, unha brillante xogada persoal de Marcos Sotelo deixaba o partido visto para sentencia.
A segunda parte pudo sobrar, aínda que aos 47 minutos un mal entendemento da defensa do Arenteiro parecía dar vida a un moribumdo Barbadás, non obstante o gol visitante non fixo perigar en ningún momento o resultado, cun Arenteiro que -igual que o Barbadás- acusou o esforzo e a excesiva calor, e baixou bastante no seu rendemento. Asi e todo, aínda dispuxeron os locais de dúas magníficas oportunidades para ampliar a súa ventaxa no marcador
3 puntos que fan do Arenteiro campión de liga no grupo 3º da 1ª autonómica e certifican o seu ascenso á categoria superior, a preferente, na que o Arenteiro militará na tempada vindeira.
Ao final, ledicia nos moitos seguidores do Arenteiro, e celebración con champán entre xogadores, técnicos e directivos. A vindeira tempada, espera a preferente.
A celebración polo ascenso do C.D.Arenteiro trasladouse á Casa do Concello do Carballiño, onde a plantilla de xogadores, corpo técnico e directiva, foron obxeto dunha recepción no salón de actos por parte do Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes, que felicitou ao club polo ascenso de categoria e desexoulles os maiores éxitos para o futuro. Tamén tomaron a palabra o adestrador Ramón Dacosta, o capitán Takón, e o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid", que agradeceron os apoios recibidos.