CD Lalín 2-0 CD Arenteiro
Un gol en cada parte derrotou ao Arenteiro na súa visita a Lalín, unha derrota dos verdes con matices, xa que tras unha mala primeira parte, tras o descanso o Arenteiro foi superior e mereceu, polo menos, o empate. Non obstante foron os do Deza os que se levaron o partido tras sentenciar cun segundo gol, que ademáis foi en claro fora de xogo.
Sen ánimo de poñer excusas á derrota do Arenteiro, que continúa nunha dinámica de resultados moi negativa, o certo é que tampouco a sorte acompaña a este equipo. Nos primeiros 20 minutos de partido o Arenteiro fabricou ata 3 claras ocasións de gol, pero a errática definición volve pasar factura aos verdes, pola contra o Lalín marcou na única ocasión que tivo, que ademáis ven propiciada por un fallo defensivo do Arenteiro. A partir do gol local, o Arenteiro veuse abaixo.
Logo, na segunda parte, o Arenteiro recuperou o control do xogo e volveron chegar as ocasións, pero nin Victor Gallego, nin Vitti nin Sanginés -ao que anularon un gol por fora de xogo- souberon definir. Cando parecía que estaba cerca o empate, o que chegou foi o segundo gol do Lalín, como deixamos dito, en claro fora de xogo.
CD Arenteiro: Pachi, Ocampo, Maxi, Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Marc, Victor Gallego, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés e Marcos Castro.