CD. Pontellas 1-2 CD Arenteiro

22, Febreiro 2015

Os verdes conseguiron remontar e gañar o partido correspondente á 25ª xornada do campionato de liga de Preferente desputado no campo de San Campio, tres puntos de ouro para os carballiñeses a domicilo e ante un equipo que é dos que tamén loitan pola permamencia, e ao que o Arenteiro aventaxa agora en 12 puntos na táboa de clasificación.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Ocampo, D. Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás (Manu, m. 61), D. Vázquez (Sanginés, m. 78),  Martín Pérez, Brais (Choco, m. 63), e Marcos Sotelo (D. Quiroga, m. 76).

Goles:

1-0. Minuto 34. Falta lateral que lanza o Pontellas, balón colgado á area pequena e Miki, de cabeza, adianta aos locais.

1-0. Minuto 50. Saque de esquina que lanza Marcos Sotelo, toca Ocampo no segundo pau e o balón chega a Martín Pérez, que empata de tiro raso.

1-2. Minuto 88. Centro-chut de D. Quiroga, o balón golpea nun defensor local e fai unha parábola que acaba colandose na portería local.

O Partido: Saíu mellor de inicio o Pontellas, moito más intenso que o Arenteiro, facendose acreedor de poñerse por diante no marcador, o que conseguíu consumida a media hora de partido. O gol local fixo espabilar aos xogadores do Arenteiro, que sairon na segunda parte decididos a cambear a decoración do partido. Tras o empate, o partido pasou por unha fase de intercambeo de ocasións no que calquera dos dous pudo marcar, ata que chegou a xogada de infortunio paro os locais. Xa nos últimos minutos, dúas internadas de Sanginés e Quiroga a punto estiveron de ampliar o marcador para o Arenteiro.