Centos de veciños sen auga varias horas debido a rebentóns na rede de abestecemento nas rúas Calvo Sotelo e Ourense.
Continúan as roturas na rede municipal de abastecemento, e máis en concreto, naquelas rúas con infraestructuras moi antigas e que datan de finais da década dos anos 60 do século pasado, cando se levou a cabo a construcción da traída de augas ao casco urbano do Carballiño.
Na rúa Calvo Sotelo, e practicamente no mesmo punto no que se rexistrara unha rotura no mes de maio de 2022, que causara importantes danos en edficios da zona, volveu a repetirse esta mesma incidencia, desta vez os danos non tiveron a enorme magnitude do ano pasado, xa que a rotura producíuse pasadas as 23 horas da noite de onte, o que propiciou que un veciño dese aviso a Viaqua. Na anterior ocasión a rotura fora de madrugada.
Igual que en Calvo Sotelo e outras rúas próximas, tamén estiveron toda esta pasada noite e ata esta mañá de xoves sen suministro de auga na rúa Ourense, tamén debido a outro rebentón na rede municipal de abastecemento.