A CEO distingue á Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro co "Premio Excelencia 2024"
A Confederación Empresarial de Ourense celebrou hoxe no restaurante A Carballeira de Santa Cruz de Arrabaldo o acto de entrega dos seus premios anuais, entre eles este premio "Excelencia" á responsablidade social empresarial, que foi para recoñecer á Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro, no Irixo, "polo seu compromiso constante cos seus socios, familias e a comunidade na que se ubica".
Fundada en 1966 polo que foi o párrroco -xa falecido- Antonio González Bernárdez, sumando xa 58 anos de actividade, e a pesar de non poucas dificultades que mesmo puxeron en perigo a súa continuidade, continúa na actualidade elaborando os seus productos lácteos, que tanto recoñecemento teñen no mercado local e galego.