Chegan os primeiros reforzos para o C.D. Arenteiro 2012-2013
Os catro primeiros xogadores en asinar a súa ficha para a tempada que ven na preferente son David Soares, Cristian Dacosta, Xurxo Bouzo e Iago Garrigo.
Son os catro primeiros, e nos próximos dias chegarán máis. David Soares -dianteiro centro- de 28 anos de idade, procede do C.D. Lalín, equipo do que foi ún dos seus máximos goleadores nas últimas tempadas. Tamén é dianteiro Cristian Dacosta, que xogou esta pasada tempada no Ourense B, e que agora estará ás órdes do seu primo e adestrador do C.D. Arenteiro, Ramón Dacosta.
Regresan ó Carballiño Xurxo e Iago, defensa e medio centro, que xa xogaron no Arenteiro de fai dúas tempadas en preferente. Ambos estiveron este ano ligados ao Sp. Celanova.
En canto a baixas, están xa confirmadas as de Gele, Viñas, Vilachá, Kennedy e César. Esta relación de baixas aínda está pendiente de cerrarse, toda vez que o club quere manter a varios xogadores da tempada pasada, ainda que negocia con eles unha posible cesión a equipos da comarca.