Chegou o dia: O Arenteiro do Carballiño cítase coa historia, O Carballiño vístese de gala para recibir ao Valencia CF. O Partido será televisado por CUATRO.

15, Decembro 2021

Chegou o día do partido máis importante e mediático nos 63 anos de historia do Club Deportivo Arenteiro, este xoves 16 de Decembro de 2021, independiente do resultado que se dea no marcador, pasa a formar parte da historia do club carballiñés, que por vez primeira enfróntase en partido oficial a un equipo da máxima categoria do fútbol profesional, ao Valencia CF, un dos equipos con máis títulos  do fútbol español, con seis ligas e oito Copas do Rei, tamén con varios títulos europeos.

Arenteiro e Valencia enfróntase dentro da segunda ronda da Copa do Rei, o Arenteiro con licenza para soñar, o Valencia coa obriga de gañar e pasar a eliminatoria que se xoga a partir das 7 da tarde no estadio de Espiñedo, con aforo completo, arredor de 2.000 persoas que sen dúbida serán o xogador número 12 do Arenteiro. Un dia para que un pobo faga causa común arredor do fútbol, un pobo identificado cun sentimento común, o orgullo que todos os carballiñeses e carballiñesas levamos dentro, o orgullo de ser  do Carballiño.

A expectación é grande no contexto dunha xornada que se prevé sexa de ambiente festivo, e tamén de moita repercusión mediática para O Carballiño, neste caso a través do fútbol. O partido poderáse seguirse en directo a través da televisión, en aberto, xa que será retransmitido en directo por CUATRO, que desprazou a O Carballiño un equipo que levará a cabo un amplo despliegue técnico, coa narración de José Antonio Luque e os comentarios dos exfutbolístas Kiko Narváez e Morientes.

SUEÑOS DE COPA, ARENTEIRO-VALENCIA, CON FRAN JUSTO: https://www.youtube.com/watch?v=YlO8R-HpU14