"Cine Club Carballiño" inicia esta semana unha nova tempada con varias novidades
A entidade cineclubista carballiñesa inicia a nova tempada con varias novidades. Entre elas,a ampliación do equipo directivo de Cineclub Carballiño, sendo esto de vital importancia, xa que supón a chegada de xente xove con ideas frescas que, de seguro, van contribuír a unha mellor e máis variada programación e a unha maior capacidade para facer actividades ao longo do ano.
Ademáis, os responsables do Cine Club afirman contar "cun maior e decidido apoio por parte do Concello do Carballiño, que esperamos continúe e incluso se incremente no futuro. Este apoio danos unha estabilidade e seguridade que cremos imprescindible á hora de desenvolver os nosos proxectos".
Cara o público, outra das novidades para a nova tempada é que este ano "so podemos vender bonos de socio ou entradas para cada sesión.NON haberá bonos anuais nin mensuais, debido a que nolo esixe o ICAA (Instituto do Cine e das Artes Audiovisuais), dependente do Ministerio de Cultura, que nos obriga a ter un cómputo de entradas en cada sesión mediante un sistema de taquilla no que non ten cabida a existencia de bonos", aseguran.
Os prezos das entradas seguirán sendo "moderados", 5 € para traballadores,. 3 € para parados, xubilados e estudantes.Este ano seguirán vendendo durante as sesións, libros e películas, pero tamén camisetas e mochilas cun deseño especial que inclúe o logo do Cineclube. Tamén farán rifas para entrar no sorteo de lotes de libros, películas en DVD e Blu - Ray, camisetas e outros materiais relacionados có cine. Coa súa venda pretendese recadar fondos e tamén dar publicidade e visibilidade ao traballo que desenvolve o Cine Club.
Finalmente, trataráse de potenciar o cine infantil e xuvenil. Estes dias atrás programouse un ciclo que tivo lugar nas festas do setembro en colaboración coa comisión de festas, ao que asistiron 314 espectadores en catro sesións, "o cal foi un resultado satisfactorio para nós. A nosa intención é que poida haber polo menos unha sesión ao mes durante o outono e o inverno, e tamén algún ciclo máis coincidindo coas épocas de vacacións dos rapaces e rapazas", informan dende a entidade cineclubista.
A nova tempada abrese este venres no auditorio do Carballiño coa proxección da película "NYMPHOMANIAC ll", en sesións ás 20 e 23 horas.