Cine, Foliada e Festa-Romaría de Santa Rita de Armeses na axenda da fin de semana na comarca
Na carteleira cinematográfica dúas películas, dunha parte o Cine-Club Carballiño pecha a tempada neste venres 27 de maio ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio coa proxección da película francesa "El acontecimiento". Doutra parte, O Novocine de Leiro estrea "TOP GUN MAVERICK", toda a fin de semana en sesións ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.
O sábado 28, a partir das 20:30 horas temos a FO-LIADA da Agrupación Cultural Avantar, unha proposta musical na que actuarán os grupos Perfusión, Feitizo de Pao, Terras do Arenteiro e Nébeda, aos que poderémos escoitar nos seguintes locais da hostalaría local: O Pendello, Bar Lérida, O Caserío, 7 Flores e A Bodega.
E o domingo 29, ambiente festivo e de romaría, na Santa Rita de Armeses, con misas na capela dende as 8:30 da mañá cada 45 minutos e solemne con procesións ás 13:00 horas cantada pola Coral Polifónica Casino do Carballiño. Xantar campestre baixo carpa no campo da festa servida por Emilia Valerias Pulpeiras, e para amenizar a romaría faráno coa súa musica a orquestra Alianza e o Dúo Explosión.