Cine, a música de Maria do Ceo, a romaría de Sampaio e o CD Teruel en Espiñedo, na axenda desta fin de semana no Carballiño e comarca.
O Novocine de Leiro proxecta esta fin de semana dúas películas, "Wonka" ás 4 da tarde e estrea "El Correo" en pases ás seis e oito e cuarto da tarde.
O Instituto de Estudios Carballiñeses celebra a Asamblea Xeral de Socios, ás once da mañá deste sábado dia 27 de xaneiro no salón de actos do Casino do Carballiño. Posteriormente, desde as 12 do mediodia, e xa para o público en xeral, terá lugar a presentación do número 41 da revista "Ágora do Orcellón", despedindo a xornada a música de Maria do Ceo.
A localidade de Sampaio, no concello de Maside, celebra esta fin de semana a tradicional romaría na honra a San Pablo. Ábrese a programacion ás cinco da tarde do sábado cunha misa solenme na capela, e pola noite na verbena actuarán o DJ Marcos Kintana e a gran orquestra Finisterre. O domingo 28 as misas sucederánse desde as nove da mañá e solemne á unha da tarde. despóis será a tradicional subasta de productos da terra, antes do inicio do xantar da XII Festa do Cocido de Sampaio, no que poderá degustarse un cocido galego por 23 euros comensal. A xornada festiva estará amenizada coa música de Feitizo de Pao e o dúo Trasnos.
Na axenda deportiva, volve o fútbol da 1ª RFEF a Espiñedo, que por vez primeira na historia visita o equipo aragonés do Club Deportivo Teruel, visitante para o Arenteiro na 21ª xornada do campionato de liga.