Cine, teatro, circo, ruta das tapas e roteiro cultural, na Axenda da Fin de Semana.
O Cine-Club Carballiño proxecta este venres no auditorio, ás 20:00 e 22:30 horas, a película galega "As Bestas", que tamén proxecta o Novocine de Leiro ata o próximo domingo a diario en sesión ás 21:30 hroas, ademáis o Novocine de Leiro continúa proxectando estes dias "El Gato con Botas" ás 16:00 horas e "Avatar" ás 18:00 horas.
No teatro, doble proposta esta fin de semana no auditorio do Carballiño. O sábado ás 19:00 horas a Agrupación Teatral Silvardeiras de Allariz trae a O Carballiño a súa versión do clasico de Castelao "Os vellos non deben namorarse", e o domingo ás 19:30 horas Tiruleque Teatro presenta os seus "Microtirulos".
O venres, tarde-noite, a ruta das tapas do Carballiño estará desta vez dedicada a "tapas do mundo".
O Magic Circus ten a súa carpa instalada na Uceira, cun espectáculo dedicado ao contos infantís e as súas cancións, ofrece funcións o venres ás 18:30 horas, o sábado ás 17:00 e 19:30 horas, o domingo ten programadas sesións ás 12:00 e 17:00 horas.
O domingo, o Centro de Estudios Chamoso Lamas invítanos a un Roteiro conducido polo historiador Carlos Montes que sairá ás 11:30 horas dende o patido do Asilo, no que explicará a configuración urbana do Carballiño a partir dos século XVIII, dando a coñecer algunhas das edificacións máis emblemáticas, e a historia dos seus moradores.