Cipriano Caamaño anuncia agora que só se apagará unha parte das iluminacións publicas
Asi o anunciou o Alcalde de Boborás a través desta emisora de radio, finalmente descartase a posibilidade de apagar as iluminacións públicas na súa totalidade entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada, e como inicialmente estaba previsto como medida de aforro no gasto público. Cipriano Caamaño recoñeceu nunha intervención no programa de Xan Pinal que o anunciou desta medida xerara inquietude entre a veciñanza ó ser utilizada pola oposición "para meterlle medo a xente e decirlle que ían aumentar os roubos e a inseguraridade cidadán", polo que se optará por outra fórmula alternativa que consistirá en apagar as iluminacións de forma parcial, unha ou dúas de cada tres farolas "que é o sitema preferido pola maioria da poboación e así se fará". Con este procedemento o Alcalde de Boborás pensa que o aforro no gasto eléctrico pode ser aínda superior o que estaba calculado que pudera acadarse coa medida inicialmente presentada, apagando a totalidade das luminarias, pero só durante catro horas. Agora, o apagado será tan só parcial e segundo as demandas e preferencias da maioria dos veciños en cada pobo.