Cipriano Caamaño presentou ó novo Delegado Territorial da Xunta as prioridades para Boborás

13, Maio 2009

O alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, entrevistouse co Delegado Territorial da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Martínez, ó que recordou diversas actuacións e proxectos, algunhos xa comprometidos polo anterior goberno bipartito, para sacalos adiante na nova lexislatura da Xunta de Galicia, agora cun goberno do Partido Popular. Asi, Caamaño puxo en antecedentes o representante da Xunta dun convenio pendiente de execución e xa asignado polo Concello de Boborás coa anterior consellería de medio-ambiente para a adquisición dun tráctor desbrozadora, unha operación avaliada en noventa mil euros, dos que 60 mil terían que corresponder a aportación da administracción autonómica e os trinta mil restantes o propio concello. Outra das prioridades nas que insistíu Caamaño foi no proxecto de adecuación do pavillón polideportivo, que presenta graves carencias que dificultan a práctica deportiva. A intención é a reforma integral das instalacións ou , incluso, acometer unha obra de nova construcción.

A implantación de novas tecnoloxias no territorio municipal foi outra das peticións nas que incidìu o Alcalde de Boborás nesta entrrevista co Delegado Territorial da Xunta. Máis concretamente, esperase completar a cobertura da banda ancha de acceso a internet en todas as parroquias que ainda non dispoñen deste servizo, xa implantado nalgunhas localidades do Concello de Boborás a través do sistema wimax. Finalmente Cipriano Caamaño solicitou a intermediación da Xunta, por medio da Dirección Xeral de Turismo, para a apertura da antiga rectoral de Pazos de Arenteiro, rehabilitada para o turismo rural con fondos públicos e adxudicada a súa explotación a unha empresa privada mediante concesión administrativa, sen que atá o de agora se inciase a actividade hosteleira.