Circo, Cine, Teatro, Festival "O Carballiño Soa", Festas do Bolo Preñado e As Mudacións, Festival Pórtico do Paraiso, e visita guiada a Sta. Mariña de Maside, na Axenda da Fin de Semana.
CIRCO ACUÁTICO BRAVO. Utilizando a auga como o gran aliado do seu espectáculo, este circo ten a súa carpa instalada na Uceira e ofrece funcións o sábado ás 5 e as 8 da tarde e o domingo ás 12 do mediodia e 6 da tarde. A entrada infantil ten un prezo de 8 euros e a entrada para adultos 10 euros.
1º FESTIVAL DE PERCUSIÓN "O CARBALLIÑO SOA". O Sábado 11, unha xornada que arranca en horario de mediodia na Praza Maior do Carballiño cunha exhibición-concerto de percusión africana a cargo de Andrés Rivero e alumnado. Pola Tarde, ás 5 obradoiro aberto de batucda con Rubén Comesaña e Pablo Paz, ás 7 actuacións d Percucar e Perkutora, e finalmente ás 8 da tarde pasarrúas coa batucada Percucar.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DO PARAISO. O domingo 12 ás 7 da tarde no mosteiro de Oseira concerto de clausura deste festival co concerto da prestixiosa banda francesa "Diabolus in Müsica". Entrada 12 euros.
FESTA DO BOLO PREÑADO DE VILARDERREI-CENLLE. Celébrase este sábado 11 de maio, con misa solemne e procesión de honra a San Miguel, e sesión vermút cos gaiteiros Os Garimosos. Desde a 9 da noitiña comezará a degustación do bolo preñado e verbena co DJ JJCompota e a orquestra Royal Espectáculo.
FESTA DAS MUDACIÓNS EN XUVENCOS. Primeiro domingo das Mudacións en Boborás, este domingo 12 as 10:30 da mañá misa solemne e procesión co grupo de gaitas de Boborás na igrexa de Xuvencos, e as 12 do mediodia misa solemne na capela de Boborás cantada pola Coral do Casino do Carballiño.
MISA SOLEMNE NA HONRA DA VIRXEN DE LUJÁN EN MUDELOS. A carballiñesa parroquia de Santiago de Mudelos celebra esta misa solemne na honra á patrona de Argentina ás 12 do mediodia deste domingo 12 de maio.
TEATRO, NO CENTRO MULTIFUNCIONAL DE AVIÓN. Este sábado ás oito e media da tarde, a compañía DE STE XEITO presenta "Loló e Mamá", entrada gratuíta.
CINE. O Novocine de Leiro ofrece dúas películas esta fin de semana, que son "Garfield La Pelicula" ás 4 e 6 da tarde, e Máis Cuñados ás oito da tarde, sábado e domingo.
VISITA GUIADA AO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE SANTA MARIÑA. O concello de Maside organiza para este domingo unha visita guiada polo arqueólogo Andrés Rodríguez, con punto de encontro e saída desde a Ponte San Fiz ás 10 da mañá, achegandose ao conxunto arqueolóxico a través do camiño natural do río Barbantiño, trala visita haberá música ao vivo e un aperitivo