Circo, música, teatro, humor, cine, gastronomia, roteiros e exposicións, na programacion da concellería de cultura para Semana Santa
O Carballiño ofertará en Semana Santa un amplo e variado programa cultural e de ocio, que se desenvolverá do 4 ao 16 de abril, e que contará coa colaboración de diversas entidades e asociacións.
O concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, dixo durante a presentación destes eventos, que se trata dunha programación dirixida a todos os públicos para dinamizar o tempo de lecer na próxima Semana Santa, e que resulta de interese para os carballiñeses pero tamén para os turistas que visiten a vila neses días. Neste senso, resaltou o carácter familiar da maioría das propostas.
Haberá arredor dunha vintena de propostas culturais e de ocio, ademáis do programa relixioso e cultural de conferencias e procesións organizadas pola Cofradía da Veracruz.
Unha audición musical, obradoiros infantís, animación con circo de rúa e grupo de gaitas, roteiros guiados, teatro, monólogo, exposicións, cine e unha xornada de tapas figuran nesta proposta cultural que comezará o 4 de abril, cunha Audición do Conservatorio Profesional no auditorio, e rematará o 16 de abril coa clausura da exposición “A Paixón según Playmóbil”.
O venres, 7 de abril, terá lugar unha nova xornada da Ruta das Tapas, que nesta ocasión se adicará ás brochetas. Ese mesmo día, sesión dobre de Cine Club no auditorio. E a partir das 20,00 h., Ruta das Tapas adicada às brochetas.
O sábado 8, ás 21,00 h., no auditorio, clausura do ciclo de monólogos Carballiño Comedy, coa actuación estelar do humorista e actor Carlos Blanco. Debido á demanda de entradas, anúnciase unha máis que probable segunda sesión.
O domingo 9, de 09,30 h., a 13,30 h., desde Cima de Vila (Cabanelas), haberá un Roteiro á ponte e fortaleza medieval de Castro Cavadoso, guiada polo Centro de Estudios Chamoso Lamas.
O luns, 10; martes, 11, e mércores, 12, desenvolveranse tres obradoiros infantís na biblioteca municipal, sobre animación á lectura con “A maleta dos libros perdidos” (de 3 a 8 anos), ilustración con “Construindo o noso libro ilustrado” (a partir de 6 anos), e Regueifa con Luis Caruncho e Pinto d´Herbón (de 9 a 14 anos). Para asistir hai que inscribirse previamente no Servizo de Normalización Lingüística do concello (Tel. 662197665).
O xoves 13, ofrécese unha das novidades nesta programación como é Circo de Rúa, con cinco pases pola mañá e pola tarde na rúa do Paseo e Praza Maior.
O venres 14, terá lugar un espectáculo de Fusión, Danza, Poesía e Música (Lembrando a República), ás 20,00 h., na Praza Maior. Un percorrido dramatizado pola Xeración do 27.
O sábado 15, día de feira, haberá animación de rúa pola mañá a cargo do Grupo da Escola de Gaitas do Carballiño. E pola tarde, ás 20,30 h., no auditorio, Manarte Produccións presenta o espectáculo poético-político TRES FLAMENCOS Y MIL VERSOS, con autores como Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Blas de Otero, Rafael Alberti, Luis Cernuda, Quevedo, Ángela Figuera e Joan Maragall, entre outros.
O xoves, venres e sábado santo haberá roteiros polo centro urbano e templo da Vera Cruz; polo Balneario, Paseo do Arenteiro, Parque municipal e Parque Etnográfico, e polo Camiño dos Arrieiros. O punto de información e encontro será a Oficina Municipal de Turismo da Alameda, que estará aberta en horario de 9,30 da mañá a 21,30 da tarde de xeito ininterrumpido durante eses días.
Este programa compleméntase, según dixo o concelleiro, con tres exposicións de interese, como son V Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero”, no concello, coa colaboración da Asociación Fotográfica O Potiños; “A Paixón según Playmobil” e “Imaxes. X aniversario da Cofradía da Veracruz”, no templo da Vera Cruz.
Ademáis, está previsto ofertar o xoves, venres, sábado e domingo xogos de inflables e campionatos en diversas modalidade deportivas para os máis cativos no pavillón de Deportes, según dixo o concelleiro.