Citas literarias nos pasos de peóns nas rúas do Carballiño

28, Abril 2022

Os peóns que cruzan pasos de cebra en varias rúas do Carballiño sorprenderonse desta novidosa iniciativa, da que polo momento non se coñecen máis detalles.

Podería tratarse dunha campaña organizada a favor da promoción da lingua galega, porque na mesma aparecen frases alusivas, versos e citas da literatura galega.