Ciudadanos súmase á carreira electoral do 26-M presentando a Jorge González Quesada como o seu candidato á alcaldía
Ciudadanos desembarca nestas próximas eleccións municipais no concello do Carballiño.
Faino cunha candidatura que "representará un relevo xeneracioal necesario e despois de comprobar que nos últimos anos sempre se presentan os mesmos", dixo o seu candidato á alcadía Jorge González Quesada, un empresario do sector do transporte de mercancias.
Acompañaráno nos seguintes postos dúas mulleres, Maria Soledad Aguiño no 2º posto e Ana Pérez no 3º lugar desta candidatura do partido laranxa para a convocatoria electoral do 26 de Maio no concello do Carballiño.