Club Deportivo Arenteiro suma, tras gañar ao Boado F.C., 20 partidos seguidos de liga sen perder

23, Febreiro 2014

O líder derrotou por 4-2 ao equipo de Xinzo de Limia no estadio de Espiñedo, desta maneira C.D. Arenteiro suma 20 partidos de liga imbatido na competición da primeira autonómica, na que sigue líder. Os carballiñeses non perden un partido dende o 22 de Setembro de 2013.

C.D.Arenteiro: Perdiz, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Omar, Alex, Victor Gallego, Marcos Sotelo, Diego Quiroga e Prada. Tamén xogaron Manu e Óscar.

Goles:

1-0. Minuto 21. Centro de Dabarca e gol en propia meta dun defensor visitante.

1-1. Minuto 25.Na primeira aproximación do Boado, córner sobre a portería de Perdiz que cabecea Antón.

2-1. Minuto 35. Xogada de Quiroga, que envia o balón á área pequena onde un xogador do Boado golpea sobre a súa propia portería.

3-1. Minuto 61. Diego Quiroga aproveita un rexeitamento do meta visitante, que non atrapa un latigazo de Marcos Sotelo.

4-1. Minuto 68. Álex sirve un balón perfecto sobre Victor Gallego, que tras ganarlle as costas á defensa resolve cun toque sutil fora do alcalce do meta do Boado.

4-2:. Minuto 89. Perdiz complicase a vida, regalandolle o balón a Vila, que marca a placer.

O Partido: O Arenteiro, que comezou cun dominio aplastante, rematou por contaxiarse da indolencia do Boado. Os da limia non chegaron a inquietar en ningún momento a pesar de encontrarse cun empate sen querelo aos 25 minutos de partido. Antes e despois, os carballiñeses desperdiciaron numerosas ocasións para ampliar diferencias no marcador, ainda que sen a intensidade de anteriores partidos.